Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 6 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución de desistencia da subvención, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349F 2016/092-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembros), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, rúa Concepción Arenal, 8-2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 6 de febreiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: TR349F 2016/092-5.

Nome: Claf Miguel Moreno Castillo.

CIF/NIF: 39454233X.

Último enderezo coñecido: avenida Camelias, 56-58, local 12, 36211 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: programa de axudas as persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Contido da resolución: declarar a desistencia da solicitude.

Data da resolución: 13.1.2017.