Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016350TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 19 de decembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2016350TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Xabier Adrián Devesa Rodríguez, con DNI 45905549X.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, notifícase a Xabier Adrián Devesa Rodríguez o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43,1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

A disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, di que aos procedementos xa iniciados antes da entrada en vigor da lei non lles será de aplicación, e que rexerán pola normativa anterior.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2017

Xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Rosa Agrasar Muiños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016350TA-PO.

Denunciado: Xabier Adrián Devesa Rodríguez, con DNI 45905549-X.

Último enderezo coñecido: rúa Centro Médico, 4, 3ºA, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: k) Salas de festa, establecementos de xogo ou de uso público en xeral, agás nos espazos ao aire libre».

Tipificación: Unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 8/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).