Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017, da Secretaria Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), co número 72-489-1997.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 28 de novembro de 2016, a modificación da totalidade dos artigos dos estatutos da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: centros especiais de emprego legalmente constituídos en Galicia, sempre que así o soliciten, acepten estes estatutos e cumpran os requisitos exixidos no artigo 8 dos estatutos.

Asinantes: José Antonio Vázquez Freire (presidente) e Ramón Sestayo Lestón (secretario).

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego