Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de Galicia (Asfadece) co número 72-861-2004.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, acordouse depositar con data do 24.1.2017 a modificación dos artigos 1 (denominación), 6 (fins da asociación), 8 (membros da asociación) e 34 (fusión e modificación estatutos) dos estatutos da Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de Galicia (Asfadece).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros da asociación de pleno dereito as empresas fabricantes de derivados do cemento, cuxa actividade estea incluída no artigo 2 e que cumpran as condicións establecidas no artigo 8.2. Poderán ser membros adheridos as empresas cuxa actividade estea incluída no artigo 2 e non sexan membros de pleno dereito, e as empresas dedicadas a calquera actividade complementaria á de derivados do cemento e non estean comprendidas no artigo 2. Poderán ser membros honorarios as persoas físicas ou xurídicas que, sen desenvolver algunha das actividades específicas dos membros de pleno dereito, ou comprendidas nos puntos anteriores, poidan colaborar no cumprimento dos seus fins xerais.

Asinantes: Luis Neira Pérez (presidente) e Francisco García Carrillo (secretario).

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego