Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (555/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 555/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria Romero Fernández contra a empresa Nieto Ares, S.L., Manuel Portas Pesqueira, José María Nieto Ares, Nepos Express, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Jorge Nieto Ares, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estimo parcialmente a demanda interposta por Iria Romero Fernández fronte ás empresas Nieto Ares, S.L., Nepos Express, S.L. e fronte a Jorge Nieto Ares e José María Nieto Ares, e condeno a Nieto Ares, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 4.000 euros, co 10 % de xuro por mora ex artigo 29.3 do ET.

Absolvo a Nepos Express, S.L. e a Jorge Nieto Ares e José María Nieto Ares da pretensión deducida fronte a eles.

Con intervención da administración concursal de Nieto Ares, S.L. e do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, deberá consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nieto Ares, S.L., José María Nieto Ares, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza