Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7796

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (644/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 644/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Melchor Valenzuela Peralta contra Ceveriano Herrera Sedano e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante, Jesús Melchor Valenzuela Peralta, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Ceveriano Herrera Sedano a que lle aboe ao demandante a cantidade de 538,15 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación. Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ceveriano Herrera Sedano, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza