Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7795

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (81/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 81/2017 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou Resolución do 26 de xaneiro de 2017, dirixida a Obralar, S.L., que poderá interpor os oportunos recursos de reposición no prazo de tres días. Fáiselle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que sirva de notificación en legal forma a Obralar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza