Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7794

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (288/2013).

Sobre verbal tráfico

Demandante: José Manuel Castro Sánchez

Procuradora: Ana Isabel Fernández Álvarez

Demandada: María Dolores Martínez Fojo

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, polo presente edicto anuncio que no procedemento seguido por instancia de José Manuel Castro Sánchez fronte a María Dolores Martínez Fojo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ortigueira, 29 de maio de 2015

Antecedentes de feito:

Primeiro. A procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, en representación de José Manuel Castro Sánchez, presentou o 30.9.2013 demanda de xuízo verbal en reclamación de 263,24 euros contra María Dolores Martínez Fojo.

Decido que, con estimación íntegra da demanda interposta por Ana Isabel Fernández Álvarez, en representación de José Manuel Castro Sánchez, debo condenar a María Dolores Martínez Fojo a que aboe a José Manuel Castro Sánchez a cantidade de douscentos sesenta e tres euros con vinte e catro céntimos (263,24 €), todo iso con xuros e custas...

E encontrándose a devandita demandada, María Dolores Martínez Fojo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ortigueira, 15 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza