Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7792

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (415/2016).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, por medio do presente edicto anuncio que no procedemento de xuízo verbal 415/2016, seguido por instancia de Esteban Galván López e Margarita Fernández Romero fronte a Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A., ditouse sentenza, cuxo extracto é o seguinte:

«Sentenza

Vigo, 13 de xaneiro de 2017.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandantes: Esteban Galván López e Margarita Fernández Romero.

Procurador: Patricia Cabaleiro Barciela.

Avogado: Patricia Alonso-Macías Jorreto.

Demandada: Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A. (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: elevación de contrato privado de compravenda a escritura pública.

Decisión:

Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Esteban Galván López e Margarita Fernández Romero fronte a Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A., condeno a demandada ao outorgamento de escritura pública sobre o contrato privado de compravenda de bens inmobles (terreo rexistral nº 27.125 do Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo) do 29 de agosto de 1979 a que se refire a demanda.

Con expresa imposición das custas do procedemento á parte demandada.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, á vista da contía fixada e do disposto polo artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil na súa redacción actualmente vixente.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

(segue sinatura)

E encontrándose a dita demandada, Edificaciones Mancomunadas San Cayetano, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 13 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza