Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 18 de xaneiro de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III.

Visto o expediente instruído para efectos da transmisión das bateas López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II, Suárez III e das concesións administrativas que as ampara, resultan:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 12.1.2017, José Manuel George Suárez Lijó (33234484-J) solicitou autorización para a transmisión inter vivos de 1/3 de cada unha das concesións administrativas e das bateas López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III.

Segundo. O solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto, continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogados ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos de 1/3, a favor de Francisca Suárez Lijó (33225048-F) e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (15900241-L), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: López VIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 26.6.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Francisca Suárez Lijó (33225048-F) 1/3 privativo, Juan Nepomuceno Suárez Lijó (15900241-L) 1/3 privativo e José Manuel George Suárez Lijó (33234484-J) 1/3 privativo.

Novos titulares: Francisca Suárez Lijó (33225048-F) 1/2 privativo e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (15900241-L) 1/2 privativo.

Tipo: batea.

Nome: Mier I.

Localización:

Cuadrícula nº: 111.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15.7.1970.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Francisca Suárez Lijó (33225048-F) 1/3 privativo, Juan Nepomuceno Suárez Lijó (15900241-L) 1/3 privativo e José Manuel George Suárez Lijó (33234484-J) 1/3 privativo.

Novos titulares: Francisca Suárez Lijó (33225048-F) 1/2 privativo e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (15900241-L) 1/2 privativo.

Tipo: batea.

Nome: S.T.V. II.

Localización:

Cuadrícula nº: 10.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 26.6.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Francisca Suárez Lijó (33225048-F) 1/3 privativo, Juan Nepomuceno Suárez Lijó (15900241-L) 1/3 privativo e José Manuel George Suárez Lijó (33234484-J) 1/3 privativo.

Novos titulares: Francisca Suárez Lijó (33225048-F) 1/2 privativo e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (15900241-L) 1/2 privativo.

Tipo: batea.

Nome: Suárez I.

Localización:

Cuadrícula nº: 40.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.4.1971.

Nome: Suárez II.

Localización:

Cuadrícula nº: 39.

Nome: Suárez III.

Localización:

Cuadrícula nº: 52.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña