Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-027/2017-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-027/2017-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 2 de febreiro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-027/2017-PPM.

Persoa interesada: Juan Francisco Pérez Santamaría.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Mariño, 10, Ribeira.

Expediente: PSC-CO-036/2017-PPM.

Persoa interesada: Agustín Sánchez Vázquez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 276, 9º D, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-038/2017-PPM.

Persoa interesada: Ana Santos Alonso.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida de Vilaboa, 171, 5º esquerda, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-061/2017-PPM.

Persoa interesada: José Javier Fernández Rey.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Carrera de Abajo, 10 B, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-062/2017-PPM.

Persoa interesada: Ion Giurcanu.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Aldea de Arriba, 49, Cabo de Cruz, Boiro.

Expediente: PSC-CO-064/2017-PPM.

Persoa interesada: José Manuel García Lorenzo.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Balneario, 337, 3º esquerda, Arteixo.