Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Alina María Bena.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra tramítase o recurso 387/2016 (procedemento abreviado), interposto por Alina María Bena contra a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 17 de outubro de 2016, pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 10 de maio de 2016, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 94, do 19 de maio de 2016).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos