Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e da dirección da obra de construción dun centro de saúde no Saviñao, Lugo (expediente AB-SER3-16-020).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-16-020.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e da dirección da obra de construción dun centro de saúde no Saviñao (Lugo).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71.22.10.00, 71.24.00.00.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 160, do 25 de agosto de 2016, na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 25 de agosto de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 49.913,82 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 36.006,12 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 43.567,41 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 23 de xaneiro de 2017.

c) Contratista: Ezcurra e Ouzande Arquitectura, S.L.P.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 28.800,00 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 34.848,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos