Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato de adquisición de armarios para vestiarios xerais do Hospital Universitario A Coruña (expediente AB-EIC1-16-019).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: AB-EIC1-16-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de armarios para vestiarios xerais do Hospital Universitario A Coruña, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lotes: lote único.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 31.0.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 44421720-0.

f) Acordo marco (se procede): non.

g) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

h) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

i) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG (22.8.2016), plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante (22.8.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non suxeito a regulación harmonizada).

4. Valor estimado do contrato:

Valor estimado do contrato sen IVE: 66.115,70 € (sesenta e seis mil cento quince euros e setenta céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 66.115,70 € (sesenta e seis mil cento quince euros e setenta céntimos).

Orzamento con IVE: 80.000 € (oitenta mil euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 25.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1.12.2016.

c) Contratista: Suyma Plus Madera, S.L. (B36528545).

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 55.858 € (cincuenta e cinco mil oitocentos cincuenta e oito euros).

Importe con IVE: 67.588,18 € (sesenta e sete mil cincocentos oitenta e oito euros e dazaoito céntimos).

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña