Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración dunha torre de endoscopia para os servizos de xinecoloxía e cirurxía pediátrica do Hospital Teresa Herrera.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: AB-EIC1-16-020.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración dunha torre de endoscopia para os servizos de xinecoloxía e cirurxía pediátrica do Hospital Teresa Herrera pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lotes: lote único.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 26.60.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 33168000-5.

f) Acordo marco (se procede): non.

g) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

h) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

i) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 1 de setembro de 2016, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante (1.9.2016).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non suxeito a regulación harmonizada).

4. Valor estimado do contrato.

Valor estimado do contrato sen IVE: 57.851,24 € (cincuenta e sete mil oitocentos cincuenta e un euros e vinte e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 57.851,24 € (cincuenta e sete mil oitocentos cincuenta e un euros e vinte e catro céntimos).

Orzamento con IVE: 70.000,00 € (setenta mil euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1-12-2016.

c) Contratista: Karl Storz Endoscopia Ibérica, S.A. (A-78936606).

d) Importe de adxudicación.

Importe sen IVE: 54.000,00 € (cincuenta e catro mil euros).

Importe con IVE: 65.340,00 € (sesenta e cinco mil trescentos corenta euros).

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña