Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato de adquisición de mobiliario de hospitalización (camas e mesas de noite) (expediente AB-EIC1-16-018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: AB-EIC1-16-018.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario de hospitalización (camas e mesas de noite) destinado á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lotes: lote único.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 32.50.30.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 331920000-2, 33192120-9 e 39143123-4.

f) Acordo marco (se procede): non.

g) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

h) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante.

i) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG (24.8.2016), plataforma de contratación pública de Galicia e perfil do contratante (24.8.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non suxeito a regulación harmonizada).

4. Valor estimado do contrato:

Valor estimado do contrato sen IVE: 168.600 € (cento sesenta e oito mil seiscentos euros).

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 168.600 € (cento sesenta e oito mil seiscentos euros).

Orzamento con IVE: 204.004 € (doscentos catro mil catro euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 28.11.2016.

c) Contratista: Hill Rom Iberia, S.L (B62552732).

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 141.930 € (cento corenta e un mil novecentos trinta euros).

Importe con IVE: 171.735,30 € (cento setenta e un mil setecentos trinta e cinco euros e trinta céntimos).

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña