Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6907

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2079/2016 CRS).

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 528/2014. Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Servicio Público de Empleo Estatal

Avogado/a: Servicio Público de Empleo Estatal

Recorridos: María Leticia Liste Regueiro, Grupo Lindega Asociados, S.L.

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2079/2016 desta sección, seguido por instancia de Servizo Público de Emprego Estatal sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, con estimación do recurso interposto polo Servizo Público de Emprego Estatal, anulamos a sentenza que con data do 17.12.2015 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado número 1 da Coruña, co obxecto de que, con plena liberdade de criterio, se dite nova resolución que emende as deficiencias que expresamos na nosa fundamentación.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Lindega Asociados, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza