Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6909

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3842/2016 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3842/2016 MCR

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 59/2016 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: María Concepción Silva Pérez

Avogado: Jorge Antonio Encinas Arnau

Recorridos: Laura Triñanes García, Rita Silva dos Santos

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3842/2016 desta sección, seguido por instancia de María Concepción Silva Pérez contra Laura Triñanes García, Rita Silva dos Santos, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de María Concepción Silva Pérez contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Ourense, do 17 de marzo de 2016, en autos número 59/2016, que confirmamos.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados pola demandada recorrente, a quen condenamos a aboar os honorarios de letrada da demandante impugnante por importe de seiscentos cincuenta euros (650 euros).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rita Silva dos Santos, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza