Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal e sometemento a información pública.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, mediante o Acordo do Pleno do 16 de marzo de 2016, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública mediante este anuncio que se publicará no taboleiro de anuncios municipal, no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol, por un prazo de dous meses que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

O Concello trasladará este documento e dará audiencia aos concellos limítrofes no mesmo prazo, simultáneo, de dous meses. Durante o citado período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o Plan xeral de ordenación municipal, incluído o estudo ambiental estratéxico, ao dispor de calquera persoa que queira examinalo para poder presentar as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios (segundo o indicado nos informes técnico e xurídico municipais aos cales se someteu o expediente), que deberán ser emitidos no prazo máximo de tres meses, segundo o indicado no artigo 60.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito do territorio obxecto de tal planeamento, cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, segundo o establecido no artigo 47 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e cos efectos indicados nel, e nos termos indicados nos acordo plenario e nos informes técnico e xurídico municipais.

Monfero, 16 de xaneiro de 2017

Andrés Feal Varela
Alcalde