Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6871

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO da adxudicación, mediante procedemento negociado, para a contratación da musealización da casa de Álvaro Cunqueiro.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2017, aprobou a forma de adxudicación, mediante procedemento negociado, para a contratación da musealización da casa de Álvaro Cunqueiro.

Por medio deste anuncio dáse a coñecer a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Mondoñedo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información: oficinas xerais do Concello de Mondoñedo.

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Enderezo: praza do Concello, s/n.

3º. Localidade e CP: Mondoñedo 27740.

4º. Teléfono: 982 52 40 03.

5º. Telefax: 982 50 74 21.

6º. Correo electrónico: concellomondonedo@gmail.com.

7º. Data límite de obtención de información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: mixto de servizos e subministracións.

b) Descrición: o obxecto deste contrato configúrao como un contrato mixto de servizos e subministracións. De servizos, en relación coa redacción do proxecto, e de subministración, en relación coa execución do proxecto e co equipamento do museo.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: casa de Álvaro Cunqueiro, situada na praza da Catedral deste termo municipal.

e) Prazo de duración/Prazo de execución: cinco (5) meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 39100000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

c) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula dezasete dos pregos de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado do contrato ascende á cantidade de 99.800 euros.

5. Orzamento base de licitación: o prezo do contrato é de 99.800 euros máis IVE.

6. Garantías:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia: a sinalada no prego de cláusulas administrativas.

b) Clasificación: non.

c) Outros requisitos: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir da data da última das publicacións do anuncio de licitación (BOP e DOG). No caso de que o último día coincida inhábil (sábado ou festivo), prorrogarase ata o seguinte día hábil.

b) Modalidade de presentación: formato papel e dixital.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Concello de Mondoñedo, Oficina de Rexistro ou enviadas por correo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): catro (4) meses.

Mondoñedo, 24 de xaneiro de 2017

Mª Elena Candia López
Alcaldesa