Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6787

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 39/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 39/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Veira Cedeira contra Bella Signora 1969, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Dolores Veira Cedeira contra a entidade Bella Signora 1969, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Bella Signora 1969, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.139,33 euros brutos por salarios devindicados entre xullo e outubro de 2015 ambos os inclusive, diferenzas de convenio e compensación económica polas vacacións non gozadas en 2015, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial. Notifíquese a presente resolución ás partes facéndoos saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este Xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asinoo. Asinado. A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bella Signora 1969, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza