Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6674

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (579/2010).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario nº 579/2010 seguido por instancia de Jaime Montes Jovellar de la Cuesta Maura contra Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L., Faustino Mena Mur, Adriano Docarmo Fernández, Arce Vigo, S.L., Arce Vigo, S.L. Construcciones Armesto e Hijos, S.L., foi ditada sentenza do 1 de xullo de 2016, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 1 de xullo de 2016.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Jaime Montes-Jovellar de la Cuesta.

Procurador: Ricardo Estévez Cernadas.

Avogado: Alfredo Rodríguez Varela.

Demandada: Belesar, Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L. (non comparecida).

Intervenientes procesuais: Faustino Mena Sur.

Procurador: Andrés Gallego Martín-Esperanza.

Avogado: Alberto Martín Menor; Adriano Docarmo Fernández.

Procuradora: Gloria Quintas Rodríguez.

Avogado: Juan Griñó Pascual.

Construcciones Armesto e Hijos, S.L. (rebelde procesual).

Arce Vigo, S.L. (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: responsabilidade por vicios da construción.

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Jaime Montes-Jovellar de la Cuesta contra Belesar, Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L., coa intervención procesual de Faustino Mena Sur, Adriano Docarmo Fernández, Construciones Armesto e Hijos, S.L. e Arce Vigo, S.L., condeno Belesar, Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L. a realizar as obras necesarias para a emenda dos defectos de impermeabilización e á reparación dos danos por estes causados que se recollen no informe elaborado por David Medina Montes e que se xunta á demanda.

Con expresa imposición a Belesar, Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L. das custas xeradas por instancia do demandante, Faustino Mena Sur e Arce Vigo, S.L.; e sen expresa imposición das xeradas por instancia de Adriano Docarmo Fernández e Construcciones Armesto e Hijos, S.L.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se interporá directamente neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (sección 6ª) no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Santander.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose os demandados Belesar, Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L. e Armesto e Construcciones Hijos, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza