Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1080/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1080/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Barral Lago contra as empresas Aeroshops, S.L. e Dutiifriishops, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Guadalupe Barral Lago contra Aeroshops, S.L. e Dutiifriishops, S.L., debo condenar e condeno solidariamente as dúas mercantís demandadas a aboarlle á demandante a cantidade de 823,59 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia e deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Aeroshops, S.L. e Dutiifriishops, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza