Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (63/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 63/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Javier Bendaña Rodríguez contra a empresa Manuel Malde y Cía., S.R.L., Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Manuel Malde y Cía., S.R.L., Manuel Malde López, C.B., Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González, en situación de insolvencia total por importe de 11.085,15 euros en concepto de principal, máis outros 2.484,09 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 1.356,9 euros de xuros e as custas da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens dos executados.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Malde y Cía., S.R.L., Manuel Malde López, C.B., Javier Bendaña Rodríguez, Óscar César Malde Pardo, Myrian Telleira González en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza