Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5759

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1587/2015).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos nos cales se ditou o seguinte:

Sentenza nº 643.

Vigo, 19 de decembro de 2016

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1587/2015, sobre modificación de medidas, por instancia de Estefanía Negreira Vázquez, como demandante, representada pola procuradora dos tribunais Victoria Soñora Álvarez e baixo a asistencia letrada de Andrea Guillán Domínguez, contra Edelmiro Silva López, como demandado, declarado en situación procesual de rebeldía e no que interveu o Ministerio Fiscal, con base no seguinte:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que estimando integramente a demanda, acordo privar da patria potestade o demandado, Edelmiro Silva López, respecto do seu fillo Francisco Javier Silva Negreira, sen prexuízo de que esta poida ser recuperada mediante o procedemento xudicial que se solicite para o efecto. Declaro o exercicio exclusivo da patria potestade do menor a favor de Estefanía Negreira Vázquez.

Así mesmo, suprímese o réxime de visitas acordado na Sentenza do 27 de febreiro de 2008 en procedemento de divorcio contencioso 947/2007 deste mesmo xulgado.

Condénase en custas a parte demandada.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpor perante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Ao encontrarse o dito demandado, Edelmiro Silva López, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 18 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza