Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5757

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1119/2011-P).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de exequátur 1119/2011-P, seguido perante este xulgado entre partes, como demandante, Nelly Johana Reyes Quintero, representada polo procurador Sr. Soaje Renard e defendida polo letrado Alejandro de la Cuesta Martín e, como demandado, Hernando Gómez Guerrero, nos cales se ditou o seguinte:

«Auto:

Xuíza: Rosa María López Barral.

Vigo, 13 de abril de 2016.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira exequátur, representada polo procurador Javier Soaje Renard, en nome e representación de Nelly Johana Reyes Quintero, contra Hernando Gómez Guerrero, debo declarar e declaro recoñecida, válida e executable en España a Sentenza ditada con data do 22 de maio de 2001 polo Xulgado Primeiro de Familia de Bucaramanga (Colombia), en que se declara o divorcio.

Unha vez notificada a esta resolución, anótese no Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.

Así o acorda e asina S.S. Dou fe».

Ao encontrarse o dito demandado, Hernando Gómez Guerrero, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza