Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de orde pola que se crea un novo ficheiro de datos de carácter persoal desta consellería.

A Consellería de Política Social está a tramitar o proxecto de orde pola que se crea un novo ficheiro de datos de carácter persoal.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto de orde pola que se crea un novo ficheiro de datos de carácter persoal desta consellería.

Segundo. O texto do proxecto de orde poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de orde a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no ordinal segundo deste anuncio ou mediante a presentación de escrito, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social