Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución ditada no expediente disciplinario 1/16-2/16.

Con data do 19 de xaneiro de 2017, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade ditou resolución no expediente disciplinario instruído a Luis Matos Espiño.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse efectuar a notificación da citada resolución no lugar indicado polo interesado para os efectos de notificacións sen que esta se puidese facer efectiva.

Polo exposto, esta secretaría xeral técnica, de conformidade co disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, en virtude deste anuncio, notifica a Resolución do 19 de xaneiro de 2017.

Luis Matos Espiño poderá recoller a notificación da citada resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, sita no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, segundo o que establece o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade