Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 23 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social (expediente 64/16).

Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015 (LACAP), e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Reglamento xeral sobre o procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, de Ourense.

Ourense, 23 de xaneiro de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expte.

Nº de acta de infracción

Nome/razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data de resolución

Importe da sanción

64/16

I322016000020180

Francisco Javier Regandi Vázquez

44455845-J

Avda. Buenos Aires, 47, baixo

32004 Ourense

28.10.2016

1.250 €