Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5694

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, define no seu artigo 14 o Consello Social como o órgano de participación da sociedade na universidade, indica que debe exercer como elemento de interrelación entre a sociedade e a universidade, e remite en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros, á lei da comunidade autónoma correspondente.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula o Consello Social de cada unha das universidades públicas que integran o Sistema universitario de Galicia como órganos de participación da sociedade galega nas universidades e que impulsan a colaboración entre estas e aquela, mediante a satisfacción polas universidades das necesidades do seu ámbito, contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria. Correspóndelle ao Consello Social de cada universidade a supervisión das actividades de carácter económico da universidade e do rendemento dos seus servizos e promover a colaboración da sociedade no financiamento da universidade, así como cantas outras funcións lle sexan atribuídas pola Lei 6/2013 e a demais normativa aplicable.

O artigo 77 da citada Lei 6/2013, determina a composición do Consello Social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros. A condición de membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O membros que formaron parte do Consello Social ao longo do período 2012/16 cesarán automaticamente na data de publicación desta orde, con excepción dos membros que se renovan pola presente orde.

Neste sentido, a Universidade de Santiago de Compostela, en uso das súas competencias, procedeu á designación dos representantes que lle corresponden.

Do mesmo xeito, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 77.3 da Lei 6/2013 remitiulle ao Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, e este á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a comunicación coa designación dos seus representantes así como, en cumprimento do artigo 78 da citada lei, o documento de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, para o período 2016/20, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Juan Manuel Viaño Rey, reitor da universidade.

– Mª Consuelo Ferreiro Regueiro, secretaria xeral.

– José Manuel Villanueva Prieto, xerente.

– Javier Bueno Lema, en representación do profesorado.

– Iván Rodríguez Iglesias, en representación do estudantado.

– Antonio Padua Pérez Casas, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).

II. En representación dos intereses sociais de Galicia.

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Mercedes Paula Alvarellos Fondo.

– Juan Luis Castro Rodríguez.

– Jesús Couceiro Rivas.

– Xerardo D. Estévez Fernández.

– Manuel Lolo Aira.

– Manuel Francisco Martín García.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– José María Arias Mosquera, presidente do Consello Social.

– Blanca de Cora García Montenegro.

– Manuel Cornes Sieira.

– Torcuato Labella Lozano.

– Juan Manuel López Labrada.

– Carlos Marti Mallén.

– Manuel Luis Silva Constenla.

c) Designados polos sindicatos:

– Emilio Crespo Correa, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

– Marta Ferreiro Fernández, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

– Pastor Fuenteseca Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– Carmen Fernández Vilas.

– Jaime Luis López Vázquez.

– Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón.

– Nuria Pereira Martínez.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Manuel Dios Diz (Santiago).

– Luis García Santalla (Lugo).

f) Designado pola Asociación de Antigos Alumnos:

– Ángel López Conde.

g) Designado polos colexios profesionais vinculados coa oferta formativa da universidade:

– Mª Rosa Álvarez Prada.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria