Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5667

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de correción de erros da licitación por procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas durante o ano 2017 na zona sur da provincia.

No Boletín Oficial da provincia, do 10 de xaneiro de 2017 (BOP núm. 7, páxina 3), e no Diario Oficial de Galicia, do 13 de xaneiro (DOG núm. 9, páxina 2068), publícase a convocatoria do procedemento aberto, para a contratación da subministración de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2017 na zona sur da provincia. Ao existir un erro no seu prego de cláusulas administrativas xerais, na súa cláusula V, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di:

«Prezo máximo por tonelada de C65B2 subministrada no centro de traballo da Deputación (nave do Servizo Provincial de Vías e Obras no termo municipal da Pobra de Trives), incluíndo material e transporte, 347,11 euros (IVE excluído)».

Debe dicir:

«Prezo máximo por tonelada de C65B2 subministrada no centro de traballo da Deputación (nave do Servizo Provincial de Vías e Obras no termo municipal de Verín), incluíndo material e transporte, 347,11 euros (IVE excluído)».

A presente rectificación de erros altera o prazo límite de presentación de ofertas que finalizará o décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xaneiro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense