Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5668

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

ANUNCIO de oferta de emprego temporal.

O Craega anuncia a convocatoria de prazas de auditor para órgano de control.

DISPÓN:

Primeiro.

Anunciar a convocatoria para cubrir postos temporais de auditor.

Segundo.

Terán acceso a cubrir a praza titulados superiores, técnicos ou grao en ciencias, preferentemente referidos á produción e á transformación de alimentos. Valorarase experiencia no sector da agricultura ecolóxica e na inspección e certificación de produtos agroalimentarios, coñecementos de informática, dispoñibilidade para viaxar, carné de conducir e vehículo propio.

Terceiro.

As solicitudes, xunto co curriculum vitae, poderanse remitir, no prazo de dez días desde a publicación deste anuncio, por correo electrónico a seleccion@craega.es.

Monforte de Lemos, 2 de febreiro de 2017

José Antonio Fernández Álvarez
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia