Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (638/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 638/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Paz Abad contra a empresa Enrique Castro Abdala, María del Carmen Oliva e Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., con intervención procesual do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza:

Na Coruña, o 12 de xaneiro de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 638/2016, en que son parte, dunha banda, como demandante, Verónica Paz Abad, asistida pola letrada Dalis María Morelo Bermúdez, e, como demandados, Enrique Castro Abdala, que non comparece; María del Carmen Oliva, que non comparece, e Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre extinción de contrato e reclamación de salarios, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Verónica Paz Abad contra a empresa Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., integrado por Enrique Castro Abdala e María del Carmen Oliva, con citación do Fogasa, debo declarar e declaro a extinción da relación laboral na data desta resolución e condeno a empresa a que lle aboe á demandante 2.784,81 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Enrique Castro Abdala, María del Carmen Oliva e Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza