Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5009

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (436/2015-E).

Xuízo verbal 436/2015-E

Sobre outros verbal

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (BBVA)

Procuradora: Mónica Sexto Rivas

Avogado: Iñaki Pérez Moreno

Demandado: Yulian José Vernal Agudelo

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente edicto,

Anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. BBVA fronte a Yulian José Vernal Agudelo, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

Sentenza 57/2016.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Palomo Moreno.

Lugar: Lugo.

Data: 23 de febreiro de 2016.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os presentes autos de xuízo verbal número 436/2015-E, por instancia da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada pola procuradora Sra. Sexto Rivas e asistida polo letrado Sr. Pérez Moreno, contra Yulian José Vernal Agudelo, en rebeldía.

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada pola entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada pola procuradora Sra. Sexto Rivas, contra Yulian José Vernal Agudelo, en rebeldía, debo condenar e condeno a expresada parte demandada a que lle satisfaga á parte demandante a suma de dous mil seiscentos cincuenta e tres euros con trinta céntimos (2.653,30); unha vez descontados os 2.298,76 euros de xuros de mora reflectidos no certificado de saldo debedor, como consecuencia da declaración de nulidade da cláusula que fixa o xuro de demora, e que se efectúa a través da presente resolución, coa conseguinte privación de todo valor sen que poida producir ningún efecto, pero sen prexuízo de que se siga devindicando o xuro remuneratorio ata o completo pagamento do debido. Isto sen expresa condena en custas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón, quedando o orixinal no libro dos da súa clase.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para o cal se deberá ter en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia.

Ao se encontrar o dito demandado, Yulian José Vernal Agudelo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 5 de xaneiro de 2017

A secretaria xudicial