Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2016/101-2, 8410 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma do CT 6831 rúa Xunco e RBTS a Edificio A Maruxaina.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

1. Reforma do CT non prefabricado rúa Xunco consistente na ampliación da canle de baixa tensión e na instalación dun anteparo metálico para cubrir a dita canle.

2. RBT soterrada, con orixe no CT rúa Xunco e final na CXP do Edificio Maruxaina, cunha lonxitude de 135 metros en condutor tipo RV-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de xaneiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo