Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións das axudas reguladas na Orde do 7 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas pola contratación indefinida (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo), relativa ao expediente TR349F 2015/54-2 e dous máis.

Intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo polas que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícase aos interesados o contido das ditas resolucións como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Lugo, 17 de xaneiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349F 2015/54-2.

Nome: Estephany Isabel Domínguez Polanco.

DNI/NIF: X7620649J.

Último enderezo coñecido: rúa Milagrosa, 20, 2, 27003 Lugo.

Axuda: Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Orde reguladora: Orde do 7 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo de 2015).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 16 de novembro de 2016.

Nº de expediente: TR349F 2015/53-2.

Nome: Carla Forneas Rivas.

DNI/NIF: 33557762A.

Último enderezo coñecido: rúa Río Narla, 38, 6º B, 27003 Lugo.

Axuda: Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Orde reguladora: Orde do 7 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo de 2015).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 16 de novembro de 2016.

Nº de expediente: TR349F 2015/43-2.

Nome: Jenifer París Castillo.

DNI/NIF: 53328205Z.

Último enderezo coñecido: rúa Juana La Loca, 33, baixo, 27004 Lugo.