Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2016/96-2, 8405 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMT, novo CT O Batán e RBT en Chavín.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV con orixe no apoio 8 existente da LMT Centrais, derivación CTI Castañal e final no centro de transformación O Batán de caseta proxectado, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. CT prefabricado novo CT O Batán, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha potencia instalada de 160 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. RBT soterrada, con orixe no novo CT O Batán e final nun paso aéreo a soterrado proxectado nun apoio de formigón, cunha lonxitude de 180 metros en condutor tipo RV.

4. RBT aérea, con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado, cunha lonxitude de 925 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 10 de xaneiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo