Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de reurbanización das rúas Uxío Novoneyra, Pinguela e Cortaduría no núcleo urbano de Carral.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 19/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=34390

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: reurbanización das rúas Uxío Novoneyra, Pinguela e Cortaduría no núcleo urbano de Carral.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 342.125,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 342.125,00 €. Importe total: 413.971,25 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 5 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: Proyecon Galicia, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 255.885,00 €. Importe total con IVE: 309.620,85 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica de la Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio