Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a apertura do trámite de audiencia con motivo da interposición do recurso de alzada RA/CAL/2016/00056.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Eva del Valle Rodríguez Díaz e a José María Rieiro Gerpe a apertura do trámite de audiencia con motivo da interposición do recurso de alzada RA/CAL/2016/00056, contra a Resolución ditada polo xefe territorial na Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do 17 de novembro de 2015, recaída no procedemento CO-RES-2015-00125.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio