Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de renovación de infraestruturas na avenida da Deputación no tramo comprendido entre a rúa da Constitución e a pontella sobre o regato de Veigadecabo no Barco de Valdeorras.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 20/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=35936

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: renovación de infraestruturas na avenida da Deputación no tramo comprendido entre a rúa da Constitución e a pontella sobre o regato de Veigadecabo no Barco de Valdeorras.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 202.975,21 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 202.975,21 €. Importe total: 245.600,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 25 de novembro de 2016.

c) Adxudicataria: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 154.646,00 €. Importe total con IVE: 187.121,66 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio