Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 10 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lle dá publicidade ao inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas e identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición da interesada os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, alegue e presente os documentos e xustificacións que coide pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer 2-9º da Coruña.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

No obstante, no suposto de que a interesada estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facelo efectivo en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto; así darase por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2017

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Jiménez Crofot, Divi Esperanza.

NIE: Y0454069V.

Importe: 2.383,17 €.

Curso: 2014/15.

Causa: 1.1.