Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017 Páx. 4340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a notificación da resolución do procedemento SXRH-PD-26/15.

Logo de intentar efectuar a notificación no domicilio persoal do interesado sen que se puidese realizar, de conformidade co disposto nos artigos 59.5, 60.2 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación ao interesado que se indica a continuación de que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditou resolución no procedemento que se indica a seguir:

Interesado: José Antonio Barros Sueiro (DNI 35282707V).

Procedemento: procedemento disciplinario SXRH-PD-26/15.

O interesado poderá solicitar unha copia desa resolución mediante comparecencia, de luns a venres e das 9.00 ás 15.00 horas, nas dependencias da sede de Vigo do Servizo Territorial da Inspección Educativa, sitas na praza da Estrela s/n, na cidade de Vigo, no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido o dito prazo non tivese comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución do procedemento, que pon fin á vía administrativa, o interesado, no prazo de dous meses, pode formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela (en correspondencia coa sede do órgano que ditou esta resolución) ou no xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao domicilio da persoa interesada, de conformidade co previsto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Tamén, con carácter previo e potestativo, pode formular recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes, consonte os artigos 116 da LRXPAC. Os prazos citados comezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos