Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2017 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento para usuarios número 69 do porto de Rianxo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica a todas as persoas que poidan ter interese neste procedemento, en tanto titulares de dereitos ou intereses lexítimos que poidan resultar afectados pola decisión que se adopte e, en particular, a aquelas que puideren atoparse ocupando o departamento, que o 13 de xaneiro de 2017 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar expediente de desafiuzamento administrativo do departamento en cuestión.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOE, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia, e os motivos son que a autorización a nome de Marcos Gey Garrido está vencida e non pode ser renovada pola existencia de débedas en concepto de taxas portuarias.

O departamento deberá ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o cal poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

De ser preciso o desafiuzamento, será executado co auxilio das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia