Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de xaneiro de 2017 polo que se fai público o extravío da carta de pagamento relativa a depósito de aval bancario.

Solicitada pola empresa Urbaser, S.A., con CIF A79524054 (antes A78999273), a devolución do aval bancario número 0856-1 (número novo 2110000956), outorgado o 27 de xaneiro de 1997 polo Banco Central Hispano, S.A., por un importe de 15.279,65 euros (2.542.320 pesetas) a favor da dita empresa, en concepto de garantía definitiva para responder ante Portos de Galicia das obrigas derivadas do cumprimento do contrato de servizo de limpeza dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia na Zona Norte da provincia da Coruña, e extraviado o orixinal da carta de pagamento do referido aval, o presidente da entidade pública Portos de Galicia acorda facer público o extravío do aval, co fin de que durante o prazo de quince días poidan formular reclamacións cantos se consideren interesados.

Rematado o dito prazo ser terse recibido reclamacións ao respecto, Portos de Galicia procederá a efectuar os trámites correspondentes para autorizar a cancelación do dito aval, por non existiren responsabilidades pendentes, dimanantes do devandito contrato.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia