Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3899

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de oficial de servizos, grupo IV 1, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de novembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 2 de decembro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 24 de novembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 2 de decembro) para cubrir dez prazas da categoría profesional de oficial de servizos, grupo IV 1, cinco pola quenda de promoción interna e cinco pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC, resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de oficial de servizos as persoas que superaron o proceso selectivo polas quendas de promoción interna e de acceso libre, e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán os seus contratos no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda promoción interna:

Número

de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33271672X

Fernández González, María Pilar

2

33289891J

Pardo Quiroga, Manuel Alfonso

3

36128943Z

García Barrio, Luis

4

33220035P

Casal Castro, Rosa María

5

76360321E

Ramos Sánchez, Antonio

Quenda xeral de acceso libre:

Número

de orde

DNI

Apelidos e nome

1

36086607K

Raíndo Dávila, Manuel

2

44815561S

Suárez Pereiro, Felipe

3

78788215J

Rendo Iglesias, María del Carmen

4

33283970A

Hervella Gómez, Fernando

5

76813784V

Arca Castro, Juan José