Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3898

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2017, pola que se corrixen erros na do 22 de decembro de 2016, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Detectado erro no primeiro parágrafo do punto 2.2 Requisitos específicos, da Resolución do 22 de decembro de 2016 da Universidade da Coruña, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, publicada no Boletín Oficial del Estado núm. 10, do 12 de xaneiro de 2017, procédese a efectuar a seguinte rectificación:

No primeiro parágrafo do punto 2.2 Requisitos específicos onde di: «Ser funcionario ou funcionaria do corpo de profesores e profesoras titulares de universidade ou da escala de investigadoras e investigadores científicos dos organismos públicos de investigación, e prestar, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición. Estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de catedráticos e catedráticas de universidade conforme ao establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio», debe dicir: «Estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de profesores e profesoras titulares de universidade conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio».

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña