Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3896

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 13 de xaneiro de 2017 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 22 de novembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 231, do 2 de decembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social, mediante Orde do 22 de novembro de 2016 (DOG nº 231, do 2 de decembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme ao establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 22 de novembro de 2016.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino a funcionaria está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme ao establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro no que cause baixa a funcionaria, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO

Apelidos e nome: Martínez Pellicer, Isabel.

NRP: 3279930468 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Demografía e Conciliación.

Código: PS.C03.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Localidade: Santiago de Compostela.