Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2016/00041 e dous máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados no expediente sancionador RA/M/2016/00041 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia:

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

XC-02783-O-2014

RA/M/2016/00041

4865-GBX

Transportes Javier García Santos, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas.

4.2.2014; 8.36; N 634; 709,5

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-02437-O-2014

RA/M/2016/00093

8859-FHG

Hermanos Pallas, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas.

5.3.2014; 19.28; AP9; 1,2

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Inadmisión do recurso

OU-01050-O-2014

RA/M/2016/00169

7440-BDH

Alquior, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas.

14.3.2014; 17.30; OU-P-0; 0,1

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Inadmisión do recurso