Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos de alzada interpostos en materia de establecementos públicos da provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as resolucións dos recursos de alzada que se relacionan interpostos contra as resolucións ditadas en expedientes sancionadores tramitados na provincia de Ourense por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro das resolucións que se sinalan no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas nos edificios administrativos de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº de expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

OU-EP 108/201

Rubén Garza Cortiñas

R/ San Pedro nº 3 baixo, 32005 Ourense

Capital

Resolución do recurso de alzada

Inadmisión