Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, das obras de mellora da eficiencia enerxética da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto e con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32/981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 42 59/981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=100431

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2017 OBRSE 01-MP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de mellora da eficiencia enerxética da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: Academia Galega de Seguridade Pública. Avda. da Cultura, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Estrada 36680.

e) Prazo de execución: dous meses contados desde o día seguinte ao da data da acta de comprobación da implantación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45000000-7 e outros máis. Ver cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 240.326,76 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 218.478,87 €.

b) Importe total: 264.459,43 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: nesta contratación non resulta exixible a clasificación. Non obstante, os licitadores poderán acreditar a súa solvencia económica / financeira e técnica / profesional coa seguinte clasificación:

Real decreto 773/2015, do 28 de agosto: grupo J, subgrupo 2, categoría 2.

Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro: grupo J, subgrupo 2, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira: a solvencia económica e financeira xustificarase mediante o volume anual de negocios (artigo 75, número 1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público), segundo o indicado no contido do número 8.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: a solvencia técnica e profesional deberá acreditarse polo medio establecido no artigo 76, alínea a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público, segundo o indicado no contido do número 8.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: a sala onde se vaia realizar indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre nº 2 «Documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante a aplicación de fórmulas», terá lugar ás 12.15 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

O lugar, día e hora do segundo acto público «Lectura e avaliación do sobre nº 2» e da apertura do sobre nº 3 «Documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza